O diálogo entre linguaxes, formas e materiais distintas é transversal nas pezas de Mente / Materia, que se pode visitar ata o vindeiro día 31. «As relacións entre masa, volume, peso, baleiro, equilibrio e dinamismo son as cuestións centrais do seu traballo», describe o comisario sobre a obra de Silverio Rivas. «Con elas desenvolve unha linguaxe tan solvente coma persoal que ten evolucionado en dúas direccións: a utilización dunha maior variedade de materiais e a simplificación do seu vocabulario, que pouco a pouco se foi ceibando de redundancias, hipérboles e metáforas, ata quedar co esencial».