Os traballadores de Thenaisie, en Vigo

Concentraránse diante da sede do bufete de avogados Garrigues, que asesora a dirección de Thenaisie, e outra a continuación ás portas do edificio da Xunta


o grove / la voz

Os traballadores da conserveira Thenaisie Provote, con centros no Grove e Mos, intensificarán as mobilizacións nos vindeiros días co obxectivo de forzar a Xunta a implicarse na busca dunha solución definitiva para a empresa, que se atopa en concurso de acredores e con parte da plantilla en ERTE. Despois de que a vía da negociación quedase en punto morto, o comité de empresa optou por convocar seis xornadas de folga. As tres primeiras tiveron lugar os pasados días 15, 16 e 17 de setembro, e segundo fontes sindicais rexistraron un seguimento de practicamente o cento por cento do cadro de persoal, o que paralizou a actividade na fábrica. Hoxe, mañá e pasado volverá a haber folga, e a plantilla aproveitará esas xornadas para intensificar as mobilizacións ás portas das instalacións da empresa, tanto no Grove coma en Mos.

Despois da manifestación deste domingo no Grove, hoxe en Vigo terán lugar dúas concentracións, unha diante da sede do bufete de avogados Garrigues, que asesora a dirección de Thenaisie, e a outra a continuación, desta volta ás portas do edificio da Xunta, na praza da Estrela.

Mañá mércores, a plantilla desenvolverá unha concentración diante do Parlamento galego en Santiago a partir das dez da mañá, media hora antes do inicio das xuntanzas que unha representación do cadro de persoal manterá cos distintos grupos políticos con representación parlamentaria.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Os traballadores de Thenaisie, en Vigo