Telexustiza

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá A VOO DE TECLA

VIGO CIUDAD

No disponible

09 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Avideoconferencia é un sistema telemático con décadas de desenvolvemento: a primeira sala equipada para tal uso en Galicia foi inaugurada por Manuel Fraga en Vigo, nunha conversa con Cándido Velázquez-Gaztelu en Madrid. Como nela dixo don Manuel, parecía «cousa de encantamento: vai polo aire e vén polo vento». Neste tempo de pandemia e dúbidas, quen nos dera os consellos daqueles dous homes sabios; mais sendo imposible oílos, cómpre recordar que -basicamente- o servizo de videoconferencia ten tres compoñentes: de audio, vídeo e transmisión de datos; todo en simultáneo e «tempo real» (teórico: débese contar cos retardos de procesamento e transmisión).

Á hora de usala para acelerar procedementos xudiciais sería bo que os xuíces valorasen se todos eses compoñentes son necesarios, pois o básico na comunicación humana é a fala. Cando é imprescindible ver as caras nun xuízo? Non valería a audioconferencia para moitos dos que atrasou a pandemia? O audio é un fenómeno físico infinitamente máis simple có vídeo; a aparellaxe de audio, moi barata; e agora verba manent porque se pode gravar e analizar o dito antes de emitir sentenza.