Falece Manuel Villares, pai do historiador e autor da «Historia de Galicia» Ramón Villares

Redacción LA VOZ

VIGO CIUDAD

Ramón Villares recibiu o premio Otero Pedrayo en decembro do 2019
Ramón Villares recibiu o premio Otero Pedrayo en decembro do 2019 ALBERTO LÓPEZ

Finou aos 96 anos en Vigo e esta mañá terá lugar o enterro en Xermade

09 jun 2020 . Actualizado a las 09:46 h.

Manuel Villares González, pai do historiador Ramón Villares, faleceu en Vigo aos 96 anos. O enterro terá lugar hoxe ás doce da mañá no cemiterio parroquial de Cazás (Xermade). Posteriormente, celebrarase un funeral na igrexa de San Xulián de Cazás.

Debido ao estado de alarma actualmente vixente, que afecta aos enterros e funerais, o aforo dos actos está restrinxido. En todo caso, os achegados á familia poderán enviar as súas condolencias e mensaxes a través do libro virtual da funeraria (tanatorioazahar.es).

Ramón Villares é unha das figuras imprescindibles da cultura galega. Autor da Historia de Galicia, obra de referencia no estudo da comunidade, é catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago (da que tamén foi reitor entre o 1990 e o 1994). Foi presidente do Consello da Cultura Galega e é membro da Real Academia Galega.