Flores para Rosalía en Vigo e A Guarda

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega festexou o día adicado á autora de «Cantares Gallegos» diante da imprenta da que saíu en 1863. Tamén o celebraron a Deputación e o colectivo A da Industria


Vigo / La Voz

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemorou en Vigo o Día de Rosalía de Castro en colaboración coa Asociación Cultural O Castro cunha ofrenda floral na imprenta Juan Compañel (Real, 12), prelo de donde saíu en maio de 1863 Cantares Gallegos. De seguido puxeron rumbo a o local da Federación de Veciños onde leron o manifesto e poemas de Rosalía, lectura na que participaron cidadáns que previamente podíanse apuntar para facelo.

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra organizou un paseo pola contorna da Porta do Sol e da rúa Chao, dedicada a un apelido moi ben acaído nesta ocasión polo seu vínculo co xornalismo e a edición no século XIX (Eduardo e Alejandro Chao), para rematar a representación na sede da Deputación en Vigo. Rosalía e Brocos, representados polos Quinquilláns, Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

E a asociación Ás da Industria e Proxecto Educativo Semente homenaxean a autora galega con obradoiros e xogos para nenos e por coincidir en datas de entroido, animaron ás persoas participantes a acudir disfrazadas de Rosalía de Castro, cousa que moitas fixeron.

A localidade de A Guarda tamén se sumou ás celebracións cun amplo programa de actos. A Casa dos Alonso acolleu un recital de poemas contando coa participación de Maruxo, Julia Sobrino; Do Lusco ó Fusco interpretando Castellanos de Castilla, Xamaraina interpretando Negra Sombra en danza, Coiro Vello, Paliqueiras, Chuny Alonso e Mª José Baz interpretando ¡Calade!, Carmen do Santos da Asociación Fibromiño interpretando Dicen que no hablan las plantas, Mulleres Progresistas e Avelaína, entre outras incorporacións última hora.

Caldo de Gloria

Un total de oito establecementos de hostalaría da Guarda sumáronse este ano á iniciativa Caldo de Gloria, enmárcada no chamamento xeneralizado que dende a Casa de Rosalía fan a todos os establecementos de Galicia, convidando ós mesmos a ofertar Caldo de Gloria nas súas cartas, menús ou como pincho de acompañamento, os días 22, 23 e 24 (sábado, domingo e luns, día de Rosalía) rememorando a receita que Rosalía recorda no poema Miña casiña, meu lar. Este ano participaron na iniciativa: Arruaz, Celtic, Alborada, Cangrexal, Casa de la Abuela, La Casilla, Camping Santa Tecla e Enxebre.

Rosalía nas redes

Por último revalidouse a experiencia dixital Rosalía nas Redes, durante esta última semana de febreiro compartindo contido nas Redes sobre a vida e obra da autora. Todos aqueles que queiran achegarse á iniciativa poden crear e subir contido e etiquetando no facebook e twitter de @culturaguarda co hashtag #Rosalíate ou #Rosalíanasredes

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Flores para Rosalía en Vigo e A Guarda