As concelleiras focenses Ana Rojo e Verónica Peña foron convidadas a visitar o Sáhara

La Voz FOZ / LA VOZ

VIGO CIUDAD

CEDIDA

Acudiron en Vigo á Conferencia Internacional de Cidades Solidarias co Pobo Saharauí

09 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

As concelleiras focenses Ana Rojo Eijo, delegada de Servizos Sociais e Familia, e Verónica Peña Castiñeira, responsable de Muller, Igualdade e Inmigración, foron convidadas a visitar o Sáhara para coñecer de preto a situación na que viven os refuxiados saharauís.

Ambas as dúas asistiron á Conferencia Internacional de Cidades Solidarias co Pobo Saharauí que se celebrou en Vigo a pasada fin de semana. No marco desa conferencia internacional foi onde ambas as concelleiras foron convidadas a visitar o Sáhara.

Ese encontro contou coa presenza de representantes de máis de cen gobernos locais de España, Argelia, Francia e Italia, solidarios coa causa saharauí. Non hai que esquecer que familias da Mariña lucense e tamén do occidente de Asturias acollen cada verán a nenas e nenos dos campamentos de refuxiados saharauís que pasan aquí longas tempadas nas casas de acollida e convivencia.

As dúas edís focenses, Ana Rojo e Verónica Peña, foron convidadas a visitar o Sáhara para que vexan sobre o terreo a situación na que se atopa o pobo saharauí e os pequenos que nos meses do verán veñen pasar tempadas con familias de aquí.