Foise a alma do Museo Liste

Xosé M. Rodríguez OBITUARIO

VIGO CIUDAD

Paradela

19 sep 2019 . Actualizado a las 20:42 h.

Alá polo comezo dos anos 70 do pasado século uns soñadores e apaixoados da cultura e os costumes do rural galego encetaron a súa colección de ferramentas, apeiros, elementos da vida cotidiá das aldeas, dos oficios e outros materiais. Foron, por desgraza xa non están, Josefina Fernández Mosquera e Olimpio Liste Regueiro, e por parte da familia dela tiñan unha casa en Oseira. Integrada no valado do recinto do mosteiro estaba a edificación que en tempos fora albergue para peregrinas que ían cara a Compostela e o espazo no que comezaron co seu museo etnográfico. O soño foi medrando, espallándose, ocupando novas edificacións recuperadas... e pasou a novos edificios mercados no Campo do Casledo e ata rematou por crearse o Museo Liste de Vigo cos materiais que xa non collían en Oseira e con novas adquisicións.

Cando algúns se alporizaron pola posibilidade de que as coleccións de Cea remataran en Vigo, Fina e Olimpio fixeron un acto simbólico e tiraron a chave do pecho ao regato que pasa polo Campo do Casledo, asegurando que os fondos sairían de Oseira cando aquela chave que se ía levar a agua volvese abrir a pechadura. Xente de honor e de palabra, o museo sigue mirando á fachada do mosteiro. Iso si, pechado porque os que nunca souberon valorar o compromiso, a lealdade e a filantropía de Olimpio e Fina non foron quen de mantelo aberto ao público.

Ata que puideron viaxaron todas as fines de semana de Pontevedra a Cea para abrir o museo. Olimpio hai anos que se foi e agora deixounos Fina, a alma sensible de Oseira.