«Os albaneses son persoas moi afables»

cristóbal lauda / c.c

VIGO CIUDAD

CEDIDA

O fotógrafo Andrés Baltar aproveitou a súa estancia no país balcánico para realizar un proxecto que se poderá visitar en Vigo

18 jul 2019 . Actualizado a las 21:18 h.

«Cidade muda» ese é o título da exposición fotográfica de Andrés Baltar (Taboada, 1996) que presenta unha mirada curiosa da realidade de Albania. Poderáse observar na sala de fotografía Sargadelos de Vigo.

-Cando comezou na fotografía?

-Comecei cando tiña 15 anos dunha forma totalmente autodidacta, porque non atopaba nada que facer na vida. A partir de aí collín o interese e cando rematei bacharelato tiven a oportunidade de estudar fotografía.

-Cal é o seu proceso creativo?

-A verdade é que eu non son moito de planear demasiado, Nunca vou cunha idea preconcebida do que quero facer. Levo a cámara conmigo e a partir de ahi, das vivencias ou das cousas que me van aparecendo no meu camiño fago as miñas fotos. Intentome abrir ao azar, que é algo moi importante para min.

-Cales son as súas influencias?

-Teño moitísimas. Neste traballo hai unha influencia documentalista bastante grande aínda que estou alonxado do documentalismo máis clasico, porque as miñas fotos teñen una visión bastante subxetiva, persoal e están marcadas polas miñas propias vivencias. Nese sentido hai varios fotógrafos cos que sinto certa química como son Daido Moriyama, Antoine D’Agata, Nan Goldin ou Anders Petersen. Admiroós moito porque basan todo na súa propia experiencia, no seu contacto directo co mundo.

-A túa exposición «Cidade muda» amosa a túa visión de Albania cando estiveches vivindo alí. Que foi o que máis che impactou?

-As contradicións que había. Os mellores coches que vin na miña vida estaban alí e a xente ca situación de maior pobreza tamén. Os contrastes contínuos da amabilidade dos albaneses que, a pesar de ter moitas dificultades, eran xente tremendamente afables e moi aberta cos extranxeiros. A min abrironme as portas das súas casas e permirtírome conocelos ben a pesar de todo.

-Tes algún proxecto máis?

-Eu sempre teño esa necesidade de estar facendo algo. O que fixen en Albania deume pe a facer outro aquí, en Galicia na liña do que fixera anteriormente. Fixen outro sobre o rural galego, e agora xa teño encamiñado un proxecto con cámara analóxica. Intento non poñerme ningún tipo de directriz nin de obriga comigo mesmo, agora quero facer todo baseado na miña relación co mundo.