«É un relato de aventuras, cunha parte moi fílmica»

Xandra H. Monroy

VIGO CIUDAD

cedida

Daniel Landesa presenta hoxe na Feira do Libro de Vigo o seu primeiro libro

04 jul 2019 . Actualizado a las 05:35 h.

Daniel Landesa presenta hoxe (18.45h.) na Feira do Libro de Vigo a súa primeira peza narrativa: «Penumbra», unha novela de aventuras.

- É o seu primeiro libro de narrativa, aínda que tamén fai poesía, verdade?

-Si, pero porque son moi vago, e coa poesía tardo menos. Aínda que en realidade para esta obra púxenme o prazo de facela en menos dun mes, porque logo non ía poder,e ao final escribina en 23 días tolos. Logo evidentemente tivo un traballo posterior, pero esa foi a base.

-Cales son as súas referencias literarias?

-A historia é unha noveliña de aventuras, nun mundo completamente inventado que segue o esquema do relato de aventuras Ten unha parte, ao meu parecer, moi fílmica, moi de influencia das películas que no seu día me marcaron. Por xeración tocoume a infancia arredor dos 80, entón foron Star Wars, A historia interminable, Dentro do labirinto, etc. vai un pouco nesa liña de aventura nun mundo fantástico inventado Hai unha viaxe cuns heroes e heroínas, que conforman un heroe grupal, no que os papeis femininos xogan un papel máis importante que os masculinos, algo que fixen conscientemente. Habitualmente na novela de aventuras o heroe é un home, con todas as atribucións físicas e, neste caso, si que quería que o heroe fose grupal pero que os personaxes femininos tiveran un pouco máis de peso na heroicidade. De feito, a principal protagonista é unha das nenas

-Plantexa a posibilidade de facer unha segunda parte?

-Como autor, concibina como algo que podería estenderse ou non. Eu si que teño pensada un percorrido a maior, polo que non é descartable.

Agenda para hoy

La calle del Príncipe (frente al Marco) acoge la Feira do Libro. De 11.00 a 14.00 y 17.00 a 21.00 horas.

Salvador Beloso. EL escritor firma su libro Memorias Instituto Santa Irene a las 11.00 horas.

María Eiras. La ilustradora presenta As nosas letras de Muller a Muller (18.15h.)

Ana Fonteda. Firma en la caseta de la librería Pedreira (19.30h).

Antonio García Teijeiro. Firma Pasando as follas do tempo (20.00h.)