. Eiravella: No camiño das estrelas


Non pasaron moitos días que andei pola rúa da Mimosa e ouvín as voces do meu amigo Xoán Otero García, Eiravella, que acoaban nas faldras da Guía e no mar de Vigo. Fora neste lugar onde xantáramos e conversaramos en tempos aínda recentes. Noutrora camiñabamos polos vieiros da cidade, faldras do Castro ata recalar nas mesas de O Rincón, na empinada costa Manuel Núñez para continuar a falar e debuxar. Compartillaba a mesa moitas tardes outro inesquecible poeta, Carlos Oroza.

«!No hay solución!»Exclamaba cando ollaba a Eiravella combinar os trazos con tinto de Barrantes. Os viños tamén foran motivo para visitar a bisbarra do Baixo Miño ou mesmo dicir O Rosal, durante aquel encontro de creadores de aquí e de acolá para render culto os néctares vitivinícolas a través da pintura baixo o slogan «Vide degustalo con arte». Alí estaba Xoán Otero García xunto cunha morea de elevados expoñentes da paleta, Xavier Pousa, Ánxel Lemos, a arxentina Cecilia Najles, Agustina, entre outros, máis os citados estarán abrazándoo aló onde se encontren e mesmo o vate de Viveiro mostrándolle «o mar que é mais alto co ceo».

Mais Eiravella, o artista coñecido polo nome que adoptou da súa aldea do concello de Portas, grande de corazón, forte carácter espiritual e marcado pola profunda admiración de San Xoán da Cruz, déixanos unha grande obra. Debuxos, pintura e escultura e unha andaina por percorrer a través da súa impronta e coñecemento, O Camiño das Estrelas.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

. Eiravella: No camiño das estrelas