Foanpas denuncia os cambios restritivos das becas para necesidades específicas

María Jesús Fuente Decimavilla
María Jesús Fuente VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

M. Moralejo

Os pais de alumnos de Vigo y entorno piden novos criterios de acceso nas axudas do Ministerio

09 abr 2019 . Actualizado a las 13:41 h.

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e comarca (Foanpas) denuncia que nos últimos cursos o Ministerio de Educación introduciu cambios nas axudas económicas que foron restritivos e excluíntes. Así, reducíronse estas axudas exclusivamente para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, de trastorno grave de conduta e altas capacidades. Segundo isto, di, quedaría excluído un 80% do alumnado.

Foanpas solicita modificar os criterios de acceso para que teñan carácter preventivo, o que reducirá os custes tanto para as familias como para a Administración, garantir a igualdade de oportunidades cubrindo a totalidade do alumnado NEAE que o precise e o solicite, maior transparencia na información dada, especialmente, á hora de denegar unha axuda (explicar por que non se dá e en que está baseada a denegación) e que se atendan e se presenten todas as solicitudes feitas polas familias, deixando que cheguen a término e non quedando no camiño.