O inspector Leo Caldas retorna tras unha década de silencio

VIGO CIUDAD

XOAN CARLOS GIL

Domingo Villar presentará esta tarde en Pontevedra a súa terceira aventura do policía vigués

04 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os seguidores do inspector Leo Caldas e do seu escudeiro, el axente zaragozano Rafael Estevez, tiveron que esperar dez anos para descubrir a terceira das súas investigacións. Neste caso, a trama xira en torno á desaparición dunha moza, mestra na Escola de Artes e Oficios de Vigo.

Ao igual que ocorrera con Ollos de auga e A praia dos afogados, os escritor Domingo Villar recorre paisaxes recoñecibles do sur da provincia de Pontevedra a medida que a acción vaise desenvolvendo e o que, nun principio, parecía unha fuxida voluntaria vaise complicando.

Con O último barco, Domingo Villar volve a deixar claro que é un dos grandes nomes da novela negra actual. De feito, trátase dunha das entregas literarias máis agardadas dos últimos anos, período no que en innumerables ocasións o autor vigués foi interrogado en torno á publicación desta obra.

Ao igual que nos seus traballos precedentes, Domingo Villar escapa de efectismos ou de escenas cargadas de espectacularidade -para espectacularidade todo o entorno da ría de Vigo onde se desenvolve a investigación- en aras da realidade, de dotar de maior veracidade e credibilidade aos seus personaxes.

Esta tarde, a partir das 19.30 horas, a librería Cronopios acollera a presentación en Pontevedra de O último barco.