O Salón xa nin sequera pechará para comer

A gran cita cultural pontevedresa, que xira en torno á revolución, contará con máis de 300 actividades


Pontevedra / La Voz

Hai vinte anos, do maxín e do lápiz creativo do debuxante Quico Dasilva nacía un lobiño cun nome ben simbólico. Chamáronlle Orbil, que é o mesmo ca dicir libro pero o revés. O animal viña ao mundo cun obxectivo moi concreto: ser a mascota do Salón do Libro de Pontevedra. Orbil demostrou que non é certo que, como contan tantos e tantos contos, os lobos sexan malos e só busquen comer á Carapuchiña ou aos Tres Porquiños. El leva dúas décadas traballando arreo, dando agarimo aos nenos para que o Salón fose medrando e medrando. E abofé que o fixo, ata converterse no xigante cultural que hoxe é. A concelleira Carme Fouces encargouse de presentar a vindeira edición, que xa está a punto de comezar e, que xira sobre a revolución e que ten a lusofonía como cultura convidada. Fíxoo sentada ao lado de Orbil, que é tan boíño que nin sequera quixo ouvear. A continuación, algunhas pistas do que se poderá ver, palpar e gozar este ano no Pazo da Cultura. Resumir todo o que alí haberá é imposible. Primeiro, porque hai máis de 300 actividades. E, segundo, porque o Salón é deses sitios que só se aprecia ben se un acode alí e o vive cos cinco sentidos e a mente moi, moi esperta.

horario más amplo

Máis tempo p

ara as visitas dos escolares. Está previsto que visiten o Salón do Libro máis de dez mil escolares en visitas organizadas polos centros educativos. Este ano alongarase o tempo para estas excursións para intentar que haxa menos alumnos en cada unha delas. Detectouse que os grupos eran moi grandes e os rapaces non podían gozar do Salón como deberan. Por outra banda, e tal e como pedía o público, as fins de semana non se pecha o Salón á mediodía. Haberá un servizo de cantina que servirá petiscos lusófonos.

o trocalibros

¿

E se aproveitamos o Salón para cambiar libros?. Nesta edición haberá un espazo de intercambio de libros. Trátase dunha especie de feira de libro usado que terá lugar o domingo 7 de abril e que está organizada polos centros de ensino, as Anpas y por el coordinador del instituto Torrente Ballester.

de estrea

Dende «Mai, mai» ata «O comboio da lusofonía»

. Entre as máis de 300 actividades previstas hai moitas nas que se estrearán espectáculos. Poñamos algúns exemplos. O día 30 de marzo María Fumaça porá en escea O comboio da lusofonía. O 31 de marzo Paco Nogueira estreará C@nto contigo. E, tal e como indicou onte a concelleira Carme Fouces, a compañía Baobab Teatro dará que falar cando presente Mai, mai, e o seu oso panda, o último do planeta.

roteiros

Recorrido polas librarías

. Nesta edición, a literatura fai parella coas andainas. Así, propóñense rutas literarias polas librarías da cidade, con xogos e probas de enxeño. Ou tamén andainas guiadas por distintos artistas, como a ilustradora Mafalda Milhoes.

gastronomía

Ler da fame.

O Salón fai especial fincapé este ano na gastronomía. E non nunha calquera, senón na lusófona, que para algo é a cultura convidada. Distintos bares da cidade prepararán receitas típicas dos países convidados ao Salón. Igualmente, haberá actividades como un obradoiro gastronómico previsto para o 31 de marzo. Trátase de viaxar ata Mozambique a través da súa cultura gastronómica. E, por suposto, acabar o taller con bo sabor.

exposicións

A cidade imaxinada.

Entre as quince exposicións que haberá, unha titularase A miña cidade. Estará no recinto feiral e percorrerá as cidades imaxinadas polos nenos.

La agrupación socialista de Pontevedra rindió ayer homenaje a Maruja Serafín, veterana militante que a sus 83 años se mantiene en activo en el partido. En el acto intervinieron la secretaria local, Maica Larriba, y el candidato a la alcaldía, Tino Fernández.

foto

Voces de tu ciudad. de 10 a 12 horas

La periodista Bibiana Villaverde dirige y presenta cada mañana el programa Voces de tu ciudad para las emisoras de Radio Voz en Pontevedra y Vigo.

huelga de médicos

La primera huelga de médicos de atención primaria de Galicia ya tiene fecha. Una protesta que nació en Vigo. Entrevistaremos al representante de la provincia de Pontevedra en el comité ejecutivo de la coordinadora que encabeza la protesta para testar el ambiente a un mes de la convocatoria.

explosión de tui

Preguntaremos al abogado de Francisco González Lameira, hasta ahora en prisión por la explosión en Tui, cómo está el procesado. Le plantearemos las peticiones de la plataforma de afectados que le ha pedido que no pide la parroquia de Paramos.

tres vigueses en la india

Tres vigueses participarán la próxima semana en una de las pruebas más duras del planeta en la India. Un rail de casi 500 kilómetros que deberán cubrir entre 3 y 6 días en bici, corriendo y escalando. Nos lo contarán en el estudio.

un coro muy especial

Escucharemos el primer ensayo del primer coro de enfermos de alzheimer que nace en Vigo. El director de la coral Casablanca nos contará cómo ha ido ese ensayo ayer jueves. Además, comentaremos con Óscar Villar como ha recibido la noticia de ser premiado este año con el galardón de vigués distinguido.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

O Salón xa nin sequera pechará para comer