Atrás quedou a Carballeira de San Xusto e os restos do Balneario,nas ladeiras dun profundo val por onde transcurre o Lérez que vai a procura do mar Atlántico na Ría de Pontevedra. Erguese aquí unha capela dedicada a San Xusto e Pastor, onde o cronista lembrou aquel escultor de Dena, inolvidable Alfonso Vilar, quen por enfermidade non poido rematar o monumento no que logo traballaron os alumnos da Escola de Canteiros de Pontevedra.
«Carballeira de San Xusto, carballeira enramada! Ao pé dos teus cen carballos, plantei a miña palabra».
Cruzamos Cerdedo e terras de Forcarei para meternos nas alturas por entre as aspas eólicas do Candán e o baixar pola estrada que nos guiaba a Laro e Botos, divisamos as estancias monásticas cistercienses noutrora, hoxe convertidas en hotel e espazo onde o pintor Barreiro, depositou una colección de arte, agasallo de moitos artistas galegos, entre eles Colmeiro e Seoane.