Os partidos político expoñen os seus programas culturais

La Voz

VIGO CIUDAD

M.MORALEJO

AGENDA CULTURAL | Varios colectivos da cidade convocan a varias formacións nun acto público no IES Politécnico

22 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras o éxito de convocatoria do Encontro Pola Cultura do pasado mes de novembro, o Ateneo Atlántico, CAÍN (Colectivo de Admiradores da Iluminación de Nadal), a Agrupación de Amig@s do Marco, a asociación profesional de artistas de Galicia A Colectiva, o Espazo Cubo, a plataforma +Social e o Instituto Galego de Praxe Actual convocan para hoxe o II Encontro Pola Cultura baixo o o lema Compromiso político.

«O que falta é unha liña de diálogo entre o sector cultural e a política, e o que imos tratar é de coñecer as propostas dos distintos partidos políticos e, ao final, se abrirá un espazo de preguntas por parte do público», sinalaba en Radio Voz Iria Vázquez, vicepresidenta de A Colectiva.

Para iso convidan aos representantes das distintas formacións políticas que concorren ás eleccións municipais en Vigo a un diálogo aberto sobre os puntos clave da política cultural da cidade que se celebrará ás 17.30 horas no auditorio do IES Politécnico de Vigo (Torrecedeira, 88).

O encontro estará moderado pola xornalista Fernanda Tabarés, directora de Voz Audiovisual, e contará coa presenza dos representantes municipais do Partido Popular (PP), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Marea de Vigo. Extendeuse o convite a participar ao Partido Socialista de Galicia (PsdG - PSOE de Vigo), quen rexeitou formalmente a súa participación. «Recibimos unha carta do secretario provincial do PSOE decindo que están preparando aínda o programa electoral e polo de agora non temos confirmación», engadiu Anxo Cabada, presidente del Ateneo Atlántico.

O obxectivo deste II Encontro pola Cultura é coñecer cal é o compromiso político e as propostas de acción das forzas políticas que concorren ás eleccións municipais en relación á situación das políticas culturais e sociais na cidade de Vigo. A tal efecto trasladarase ás persoas convidadas unha serie de preguntas ás que se poderán engadir, durante o debate, as plantexadas polas persoas asistentes.

«Sería moi importante falar de distintas cousas que se están producindo na xestión cultural na cidade e que os distintos colectivos pedimos. Nós vemos unha serie de demandas dende o sector cultural que teñen unha solución no tan difícil e que con diálogo sempre se poderían solventar», apunta Iria Vázquez.

Aínda que Anxo Cabada ve positivo o xiro levado no tema da elección do director do Marco, que el pensa que foi debido a acción dos colectivos culturais da cidade, opina que Vigo, últimamente, perdeu peso na cultura estatal e galega. «Aquí sempre houbo xente de gran proxección pero agora non ocurre así. Vigo xa non aparece no observatorio da cultura entre as trinta cidades de España. Xa non contamos con referencias proxectables cara ao exterior. A cultura ten que poñernos tamén no mapa, é problemático», sinalou o presidente do Ateneo Atlántico no programa radiofónico que dirixe Bibiana Villaverde.

Entrada libre ata completar o aforamento.