Hipólito Puente: «O alumnado non debe calar se ve unha agresión nun centro de ensino»

El psicólogo afirma que «agora hai máis sensibilidade contra as situacións de violencia escolar»


santiago / la voz

Al abordar la violencia en la educación, Hipólito Puente Carracedo diferencia entre conductas disruptivas, agresiones y acoso. «Agora hai máis sensibilidade contra as situacións de violencia escolar, aínda que sempre as houbo. Por iso, máis que falar dun gran incremento penso que hai picos de maior intensidade nos últimos anos. É bo que se lle dea importancia e se tenten solucionar eses problemas, é o que se debe facer», sostiene este especialista. Tiene experiencia como orientador en un instituto vigués, es profesor de la Universidade de Vigo y vicedecano del Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, donde presta atención a la educación. Ayer intervino en el ciclo Tempo de Psicoloxía, que abordó la violencia en los centros educativos, con representantes de la Consellería de Educación, docentes y asociaciones de madres y padres del alumnado.

«As condutas disruptivas son as máis frecuentes. Son as que manifesta o alumnado que non atende na sala de aula, que fala, incomoda a colegas, ou mesmo chega a insultar. En moitos casos hai amoestacións, ou sancións, como a súa exclusión de actividades durante un tempo. No meu centro observamos como chega a un 30 % o alumnado que algunha vez presenta condutas así, aínda que ese dato non se pode extrapolar», afirma.

«Máis grave é que se agrida a un compañeiro, que se rompa unha porta ou se estrague mobiliario do centro, ou se insulte gravemente a un docente. Esas son condutas tipificadas como graves. Poden levar á expulsión dun mes, ou propor a mudanza de quen as fai para outro centro. Son casos moi contados», agrega.

Respecto al acoso, directamente o al ciberacoso a través de las redes sociales, admite que cada vez preocupa más y se adoptan medidas para atajarlo: «pode haber un ou dous casos por aula que precisen a intervención dos equipos de orientación ou mesmo da dirección, sobre todo cando van a máis. Normalmente son obxecto de acoso o alumnado que se ve como máis vulnerable, do punto de vista físico ou psicolóxico».

Hipólito Puente señala que existen protocolos en los centros educativos para estos casos «e en xeral dan bos resultados para coartar esas situacións, por máis que poida haber situacións concretas de acoso que non se detecten ben. Cando se coñecen é cando se intervén, con entrevistas e outras actuacións. A incidencia que se observa aquí coincide en xeral co que acontece no resto do Estado».

Un problema más habitual de lo deseado es el silencio ante esos casos: «Insistimos en que o alumnado non debe calar se ve unha agresión nun centro de ensino, pois iso diminúe a sensibilidade e a empatía con quen padece o acoso e favorece que o agresor colla valentía. Por iso tamén se trata de valorar aquel alumnado que se ve máis susceptible de recibir acoso ou de ser agresor para poder facer prevención».

Hay que potenciar el colectivo de profesionales de psicología en la educación, dice: «na década de 1980 era maioritario no Colexio Oficial de Psicoloxía, pero agora hai máis profesionais que se dedican á clínica. Influíu que agora só un 20 % dos profesionais que exercen como orientadores en centros de ensino son psicólogos, e o resto doutras especialidades. Por iso estamos en plena campaña para que se potencie a presenza de psicólogos nos centros educativos; e non só para orientación, tamén especializados para abordar a prevención, a detección e a intervención no ámbito escolar, sobre todo das emocións e da violencia psicolóxica, e facilitar unha mellor convivencia nos centros de ensino; eses psicólogos educativos poden actuar en infantil, primaria e secundaria», propone.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Hipólito Puente: «O alumnado non debe calar se ve unha agresión nun centro de ensino»