
O novo secretario xeral de Podemos Vigo, Xaquín Pastoriza, quere negociar xa coa Marea
29 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Xaquín Pastoriza, nado hai 40 anos en Vigo e licenciado en Historia, é docente no instituto Monte Carrasco de Cangas. Converteuse no novo secretario xeral de Podemos en Vigo, en sustitución de José Manuel Prieto. Pastoriza gañou a Pablo Orge por 278 votos fronte a 119, dun total de 421 votantes. E da corrente anticapitalista.
-Cantos inscritos son en Podemos?
-Catro mil, pero activos, dous mil e logo están os verificados que presentan o DNI que son moitos menos.
-Votouse por Internet. Non pode haber fraude?
-É unha votación telemática cun sistema antifraude que se verifica en Madrid.
-Non había estrutura de Podemos en Vigo.
-José Manuel Prieto dimitiu en xullo do 2015 e logo o fixo o consello cidadán. Dende 2016 non había estrutura.
-Tiveron unha sede e agora non.
-Había unha sede dunha eurodiputada, Estefanía Torres, que levaba temas de pesca. Pero era moi cara.
-Están buscando unha agora?
-Non nolo plantexamos. En outras cidades si hai, en A Coruña e en Ourense. En Lugo está compartida con outros colectivos.
-Van acudir pola súa conta ás municipais?
-Temos necesidades de xerar alianzas e confluencias. A posta polas mareas foi exitosas.
-Tivo xa algunha reunión con Ruben Pérez, de Marea de Vigo?
-Aínda non, a terei canto antes.
-Antes do Nadal?
-Iso espero.
-Supoño que o primeiro é o programa?
-É básico e o primeiro que hai que falar.
-Hai un compromiso inequívoco?
-No 2015 o consello de Podemos decidiu non apoiar a ningúen de modo colectivo e esta vez claramente a vontade é apoiar a Marea.
-Cal é a diferencia de Podemos con Esquerda Unida?
-EU nos inicios semellaba un movemento social pero convertiuse en partido e Podemos naceu do 15 M como impugnación dos partidos tradicionais, incluida Esquerda Unida.
-Van incorporar a marca Podemos nas muicipais?
-Elexiremos a fórmula que mellor permita recoñecer o apoio de Podemos ás Mareas.
-O alcalde de Cádiz criticou o casoplón de Pablo Iglesias.
-É un tema esquecido, xenerou malestar e o Kichi puso enriba da mesa que un cargo electo non podía facer ostentación.