O San Simón Fiddle adicará a nova edición á música árabe e ábrese tamén a cantantes

La Voz VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

cedida

O certame incluirá unha cea aberta ao público con pernocta na illa de San Simón

31 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A sétima edición do San Simón Fiddle (SSF), o campamento infantil de violín folc da illa de San Simón, contará este ano coa participación de preto de 100 rapaces de entre 7 e 17 anos procedentes de diferentes países.

San Simón Fiddle adica a súa sétima edición ás músicas árabes e contará cun plantel de luxo de diferentes culturas do mundo árabe: o violinista Akram Abdulfattah e a cantante Samah Mustafa (Palestina), a violista Jennate Chemlal e os bereberes Rhiad (Marrocos), e o violinista Ayman Hlal (Siria), para achegar a súa cultura musical a través do violín tradicional e o canto, pero tamén para transmitir as súas costumes, tradicións, xogos e gastronomía. No profesorado habitual de SSF atópanse grandes nomes da música tradicional como Anxo Pintos, Begoña Riobó, Alfonso Franco ou Xosé Liz, entre outros.

A asociación cultural Galicia Fiddle en colaboración coa oenegé Provivienda de Vigo, invitou a participar a unha parella de irmáns procedentes dos campos de refuxiados de Siria.. O campamento será do 29 de xuño ao 1 de xullo. Este ano está aberto tamén a cantantes e incluirá unha cea-concerto árabe aberta ao público con pernocta.