Homenaxe á escritora Xohana Torres en dous capítulos

La Voz

VIGO CIUDAD

M.MORALEJO

A librería Andel acolle unha escolma da súa obra e reúne a expertos como Ferrín ou Rivas para falar da súa obra

07 nov 2017 . Actualizado a las 05:30 h.

Hoxe • 20.00 horas • Camelias, 102 • Andrea Ellacuría Torres, Anxo Angueira, Francisco Domínguez, Xosé Luis Méndez Ferrín e Manuel Rivas son os participantes no homenaxe organizado pola librería Andel á escritora Xohana Torres. Tras as exposición dos participantes abrirase un coloquio. O acto será presentado polo académico Xosé Luís Axeitos, que na presentación feita a semana pasada afirmou que «Despóis de Rosalía ven Xohana Torres», como forma de situar a figura da escritora nacida en Ferrol que elixiu Vigo como lugar de residencia, onde morreu hai pouco.A libreiría Andel mudou en templo á súa memoria xa que se fai en dous tempos, hoxe e o martes, día 14. O escaparate do establecemento luce o seu particular altar literario coa mostra das primeiras edicións da obra de Torres. O 14 de novembro volverá a repetirse o mesmo esquema pero coa presenza de outros convidados: Darío Xohan Cabana, Francisco Fernández Rey, Chus Pato e Ana Romaní.