Este é o libro de poemas máis rápido feito por Franco Grande, quen adoita en tomarse o seu tempo nas labores de depuración da poesía. Nesta ocasión, dun xeito que mesmo lle sorprendeu a el mesmo, o libro sae tan só un ano despois da publicación de Xoguetes do tempo, un poemario no que reflexionaba o autor sobre o paso do tempo.