«Vivo en Montreal, pero falo galego tódolos días»

María Jesús Fuente Decimavilla
María Jesús Fuente VIGO / LA VOZ

VIGO CIUDAD

XOAN CARLOS GIL

Erín Moure será nomeada mañá doutora honoris causa pola Universidade de Vigo

05 sep 2016 . Actualizado a las 18:31 h.

A poeta e tradutora canadiense Erín Moure é a outra dotora honoris causa pola Universidade de Vigo. Será a segunda muller que logre o titulo, despois da bióloga estadounidense Lynn Margulis.

Naceu en 1955 na cidade canadiense de Calgary e estudiou nesa Universidade e na de Columbia Británica. Na actualidade reside en Montreal (Quebec). A proposta do seu nomeamento partiu do departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemana e foi defendida pola profesora Belén Martín Lucas. A petición foi argumentada «pola súa innovadora e premiada produción poética, multilingüe e comprometida; pola súa labor como mediadora incansable entre culturas mediante reescritura e tradución; polo seu activismo en favor das minorías lingüísticas, étnicas, sexuais e mou esecialmente pola súa contribución á internacionalización da cultura galega e a preservación do seu patrimonio».

-¿Como foi a súa relación co Galicia e coa Universidade de Vigo?

O meu bisavó era galego (de Crecente) e a miña vinculación co campus vigués data do 2008 e ten que ver co Feminario de Investigación Feminismos e Resistencias.

-¿Cando aprendeu a lingua galega?

-Comencei a aprender galego fai dezaoito anos, en 1998, para ler a poesía de Rosalía de Castro. Dende entón intento vir cada ano a Vigo, pero non sempre o logro. Gústame moito estar en Galicia. Síntome como unha persoa moi normal e integrada.

-Entón estará encantada co nomeamento de dotora honoris causa. ¿Gustaríalle dar clases na Universidade de Vigo?

- Si. Gustaríame moito e síntome moi honrada co nomeamento, é moi importante para min.

-¿Quedaríase a vivir?

-Non podería porque teño as miñas obrigacións. Vigo é unha cidades marabillosa. A primeira vez que vin foi en 1994 e dende enton cambiou moito, pero segue a ser unha cidade fermosa.

-Traduce do galego ao inglés, ¿Cal é a súa poeta galega preferida?

-É a ourensá Chus Pato. Teño traducido cinco libros dela. Tamén traducín Cantares Galegos de Rosalía de Castro e no mes pasado rematei unha tradución en inglés de Follas Novas.

-¿Con quen fala galego en Canadá?

-Aínda que vivo en Montreal o falo cada día porque vivo no barrio portugués da cidade e alí o entenden ben. Tamen aproveito para falarlo en outros países como Cuba. E de cando en escribo vez poemas en galego.