Carmela Silva e os nazis

Óscar Lomba TRIBUNA

VIGO CIUDAD

01 abr 2015 . Actualizado a las 09:30 h.

O nazismo é o movemento político e social do Terceiro Reich alemán de carácter panxermanista, fascista e antisemita. O termo nazi aplícase á persoa que é partidaria do nazismo: a actitude dos nazis adoita ser intolerante e racista.

Vén a conto este pequeno apunte sobre o nazismo porque a tenente de alcalde do Concello de Vigo, Carmela Silva, arremeteu na súa conta de Twitter contra a veciñanza que se opuxo á redonda de Coia e chamoulles, sen cortarse un pelo, nazis.

A polémica sobre o barco Bernardo Alfageme e a súa colocación na redonda de Coia, na avenida de Castelao, xorde cando os veciños e veciñas protestaron de xeito enérxico contra o uso de diñeiro público para colocar ese barco nunha redonda do barrio obreiro de Coia, cun custo que se estima moi superior aos cinco centos mil euros.