«O rei dos despropósitos é Vigo, que ten cinco mercados e o Concello nada ingresa por eles»

A. a. redacción / la voz

VIGO CIUDAD

25 nov 2014 . Actualizado a las 04:00 h.

Romero esixe aos concellos que tomen cartas no asunto dos mercados e os regulen adecuadamente.

-¿Qué está a pasar coa venta ambulante en Galicia?

-Hai que esixir aos concellos que cumpran coa normativa. Todo o problema se soluciona cunha autorización municipal á vista, conforme ao artigo 77 da vixente Lei de Comercio. É a mellor medida antimafia porque acredita ao comerciante: que está de alta na Seguridade Social, ao corrente nos pagos...

-¿Isto é un problema en tódolos concellos pontevedreses?

-En moitos, pero o rei dos despropósitos é Vigo, que ten cinco mercados, non dispón dunha ordenanza actualizada e o Concello nada ingresa por eles. En cambio hai particulares que están cobrando polos postos de ocupación da vía pública. Ou sexa, algo totalmente incrible, sobre todo para as arcas municipais.

-¿E nos demais Concellos?

-Cangas, Moaña... Regalando parceliñas. Aquí hai que entrar e cortar. Cos intrusos, tolerancia cero.

-¿Qué pasa con O Porriño e Tui?

-O sistema que ten esta xente [refírese ao grupo de Sinaí Giménez] é que se plantan alí onde o Concello actualiza a ordenanza. Entón xa non traballan e esixen aos demais xitanos que se planten tamén. Sucedeu en O Porriño, en Ponteareas e ía pasar tamén en Tui. E os zamoranos rebeláronse porque por culpa diso xa non tiñan onde vender.

-¿E os botaron de Galicia?

-Por orde dun cidadán normal e corrente que parece ser que expulsa a outros. Por iso o delegado do Goberno ten que garantir que toda esa xente poda volver ás súas casas, aos seus traballos e colexios, e gozar da plenitude dunha democracia que defende o dereito a vivir onde se queira. E é importante que volvan coa mesma dignidade coa que marcharon.

-¿Cando regresarán?

-A Xustiza ten unha velocidade, pero esta xente cada tres horas ten fame. No momento en que haxa unha declaración do delegado garantindo a súa seguridade e que se cumpren as normas democráticas, en 24 horas estarán todos de volta. Fóra de aquí non teñen nada e pasan fame.