Fran P. Lorenzo recibe o Premio Blanco Amor

O xornalista vigués obtivo o galardón pola novela «Cabalos e lobos»


O xornalista vigués Fran P. Lorenzo recibiu o galardón correspondente ao XXXII Premio Blanco Amor de Novela Longa, que gañou este ano pola obra «Cabalos e lobos». O acto de entrega do premio, que é itinerante, desenvolveuse nesta ocasión en Redondela, e estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Na súa intervención, Xesús Vázquez Abad fixo referencia á recente estrea da película baseada en «A Esmorga»tanto esta novela de Blanco Amor como a gañadora desta edición do galardón como «un espazo vizoso ocupado por unha infinidade de páxinas nas que as galegas e galegos aparecemos nas nosas verdadeiras dimensións». Ademais de Xesús Vázquez e o propio galardoado no acto participaron na entrega do premio o alcalde de Redondela, Javier Bas; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e parte do equipo do filme «A Esmorga», produción apoiada pola Consellería cunha achega de 335.000 euros en concepto de axudas á produción ou coprodución audiovisual en lingua galega con marcado contido artístico e cultural. O acto completouse coa música de María do Ceo e coa reprodución dun vídeo sobre a vida de Blanco Amor e dun fragmento do devandito filme.

Dotado con 12.000 euros e cun recoñecido prestixio no panorama literario galego, o premio Blanco Amor distingue desde 1981 unha novela galega ao ano, sendo a súa organización rotatoria entre diferentes concellos galegos.

Nesta edición o xurado, conformado por Xosé Luis Franco Grande, Camino Noia Campos, Olivia Rodríguez e Xosé Antonio Palacio; decidiu outorgar o galardón a Lorenzo pola súa primeira novela. «Cabalos e Lobos» narra a historia dunha familia xermana mesturada cos acontecementos da Alemaña e da Europa do século XX e coa cidade de Vigo como escenario.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Fran P. Lorenzo recibe o Premio Blanco Amor