A Costa da Morte, presente nos Premios da Crítica Galicia

La Voz

VIGO CIUDAD

12 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte entregáronse en Vigo os Premios da Crítica Galicia 2014. Alí foron recoñecidos dous estudosos da comarca: Xosé Ramón Freixeiro Mato (Cances, Carballo, 1951) e Xosé María Lema Suárez (Bamiro, Vimianzo, 1950). Ademais, o cineasta vigués Lois Patiño recibiu un novo recoñecemento polo seu filme Costa da Morte.

Freixeiro Mato, que xa fora recoñecido no ano 2006 na categoría de investigación, volviu a recibir o galardón no mesmo eido pola súa obra Estilística da lingua galega. O xurado destacou «a novidade e orixinalidade da proposta, a primeira deste tipo en lingua galega».

Xosé María Lema acadou un novo recoñecemento pola novela Costa do Solpor., que xa fora finalista dos premios Losada Diéguez, San Clemente e Xerais. Lema gañou na categoría de Creación Literaria pola «ampla documentación histórica e un rexistro lingüístico rico, poñendo en valor os territorios literarios vinculados co mar».

Costa da Morte, de Lois Patiño, levou o galardón na categoría de Artes escénicas e audiovisuais.

Os Premios da Crítica de Galicia xa premiaron en edicións anteriores a persoeiros da comarca como Jorge Mira, Xurxo Borrazás, Juan Ramón Vidal Romaní ou Antón Castro.