Unha placa sinala o edificio onde viviu Fernández del Riego

VIGO CIUDAD

XOAN CARLOS GIL

Con este acto rematan as celebración do centenario do nacemento do senlleiro galeguista

21 dic 2013 . Actualizado a las 17:09 h.

A colocación dunha placa no edificio número 29 da praza de Compostela foi o derradeiro acto do ano no que se celebra o centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. O lugar da homenaxe é onde residiu o senlleiro galeguista na cidade de Vigo. A colocación da placa foi unha idea da Fundación Lois Peña Novo e a Secretaría de Normalización Lingüística. Ao acto de lembranza acudíu o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e persoeiros destacados da cultura galega. O secretarío de Normalización Lingüística, Valentín García, o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, ou a irma de don Paco foron algúns dos que acudiron á chamada coa figura da persoa que guiou á cultura galega durante os anos escuros.

Ana Fernandez del Riego dixo que o amor a Galicia foi o motor do dinamismo do seu irmán, mentras que Xosé González, presidente da Fundación Peña Novo, referiuse a Del Riego como «mestre de galeguistas».

Durante o presente ano, celebrouse o centenario do nacemento de don Paco con diversos actos, como a exposición que aínda pode verse na Casa Galega da Cultura, na que se percorre a vida publica e tamén parte da privada.