Comunidade pequena, moral alta

La Voz

VIGO CIUDAD

A exposición «O monte é noso» incluirá información das comunidades de Valadares, Vincios, Ombre e Argozón. As tres primeiras son entidades fortes -dúas na periferia de Vigo e a terceira en Pontedeume-, con centos ou miles de comuneiros e moito patrimonio. As cifras de Argozón dan máis o perfil habitual do despoboado interior. 57 comuneiros e 171 veciños, dos que más de cen teñen máis de 50 anos. Iso si, ánimos non lles faltan. «Nós temos a moral alta -asegura-, porque somos unha comunidade que nos defendemos, levamos anos pelexando, polo parque eólico que nos puxeron, por cortas...». Esa experiencia de resistencia facilítalles organizarse para proxectos como este. «Énos doado poñernos en marcha, temos a prática collida». Diéguez non agocha un certo orgullo por entrar no grupo das comunidades que aparecerán na exposición. «Gústanos estar cos mellores», di.