A Fundación Premios da Crítica estrea os Sábados Culturais

No primeiro acto presentouse o libro que recolle a historia da entidade


Vigo

A Fundación Premios da Crítica Galicia presentou hoxe os seus Sábados Culturais, unha

iniciativa que incluirá concertos, conferencias e mesas redondas. Durante o acto, que se celebrou na Casa Galega da Cultura, tamén se presentou o libro «Premios da Crítica Galicia35 años de Cultura», no que se recupera a memoria destes premios nacidos da sociedade

civil impulsora de iniciativas e industriais culturais en Galicia antes do inicio do período autonómico. No acto de presentación do libro, participaron Bieito Ledo Cabido (presidente e fundador da Fundación Premios da Crítica Galicia), Ramón Nicolás (profesor e crítico literario), Modesto Hermida (profesor

e escritor) e Xesús Alonso Montero (académico).

Según explicou Ledo, Os Sábados Culturais 2013 conforman un ciclo de actividades diversas que queren contribuír á dinamización cultural de Vigo, con especial incidencia no Casco Vello. Desenvolveranse nos mediodías dos primeiros sábados de cada mes e as próximas citas serán un concerto na Praza da Constitución (6 de abril), a conferencia de Xesús Alonso Montero «Compañel, Rosalía e a edición de Cantares Gallegos» (4 de maio) e a mesa redonda, «As Artes

Plásticas» (1 de xuño).

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A Fundación Premios da Crítica estrea os Sábados Culturais