Valentín Paz Andrade protagoniza unha exposición no Museo do Mar

VIGO CIUDAD

A institución viguesa acolle o derradeiro homenaxe do ano no que o galeguista foi a figura do Día das Letras Galegas

19 dic 2012 . Actualizado a las 14:27 h.

A memoria de Valentín Paz Andrade reside estes días no Museo do Mar de Galicia. O polièdrico personaxe protagoniza unha exposición interactiva, promovida pola Consellería de Cultura. Os secretarios de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Normalización Lingüística, Valentín García, acompañaron á directora do centro, Marta Lucio, na inauguración da exposición titulada «Valentín Paz Andrade. Dia das Letras Galegas 2012». O editor Tucho Calvo, o escritor e director da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, o empresario Alfonso Paz-Andrade, entre outros, aportaron ás súas visión sobre o escritor e empresario.

O político, o empresario, o escritor, o abogado, o economista. Todas as facetas desenvolvidas ao longo da vida de Valentín Paz Andrade están presentes nos cinco monitores que compoñen a exposición. José Valterra, o responsabilidade das actividades do museo, dirixiu unha pequena aproximación aos alumnos do CEP Cova Terreña de Baiona.