A sesión plenaria da Academia será na Fundación Barrié en Vigo

vigo / la voz

VIGO CIUDAD

Están previstas as intervencións de Xavier Vence, Manuel Rivas, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro e Xesús Alonso Montero

10 may 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

A sesión plenaria extraordinaria que a Real Academia Galega dedica todos os anos ao homenaxeado co Día das Letras Galegas e que ten carácter itinerante, celebrarase este ano en Vigo como corresponde coa figura de Valentín Paz Andrade, na sede da Fundación Barrié na cidade olívica.

Na sesión están previstas as intervencións de Xavier Vence Deza, Manuel Rivas, Ramón Villares, Xosé Ramón Barreiro e Xesús Alonso Montero. Pechará o acto o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín.

As doce da mañá do 17 de maio dará comezo a sesión, pero unha hora antes deste acto académico, o Concello de Vigo inaugurará unha placa en lembranza de Paz Andrade no edificio Sanchón, situado no número 22 da rúa Policarpo Sanz.