Xaime Isla Couto, fundador do grupo Galaxia

La Voz REDACCIÓN

VIGO CIUDAD

Este proxecto cultural naceu en 1950 para preservar os sinais de identidade cultural de Galicia

25 abr 2012 . Actualizado a las 19:03 h.

A editorial Galaxia foi creada en Vigo en 1950. Naceu nunha asamblea clandestina. E foi un proxecto cultural que naceu con un claro afán político: preservar os sinais de identidade cultural de Galicia, reafirmalas na cultura universal e, sobre todo, intentar espallar a cultura e a lingua galegas -reprimidas pola dictadura- entre as novas xeracións daquela época.

Foi un grupo de intelectuais novos os que impulsaron a idea de crear a editorial. Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego e Xaime Isla Couto formaron o equipo básico e fundamental que gobernou Galaxia. Eran membros no Partido Galeguista, daquela ilegal. Contaron co apoio de personalidades da cultura como Ramón Otero Pedrayo, que foi o primeiro presidente da editorial, cargo que ocupou ata 1976. Ramón Cabanillas, empresarios como Álvaro Gil e arquitectos como Manuel Gómez Román.

Ademáis de Otero Pedrayo, Galaxia estivo presidida por Domíngo García-Sabell (1976-1980), Márino Dónega Rozas (1980-1996), Isla Couto (1996-2012), e Benxamín Casal, actual presidente.