Ante as graves insinuaciós do concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor Rodríguez Díaz, os que formamos a directiva anterior da Federación de Asociacións de Veciños queremos amosar a nosarepulsa polos seus comentarios que son máis propios dunha persoa sen ningún tipo de principios que dun representante da corporación municipal.
¿Como pode dicir este señor que non quere financiar a un movemento veciñal cuxa misión é traballar polos veciños e veciñas de Vigo, el, que o único que fixo en toda a sua vida foi vivir a conta da Administración, liberado cos cartos de todos? E polo que lemos moi mal cobrados porque non é capaz de respectar a representación de todos eses cidadás que pagan o seu salario.
Debemos recordarlle a este individuo que o movemento veciñal está por riba das persoas que o dirixen. Quizais este personaxe non saiba que os cidadáns temos dereito a expresar a nosa vontade a través das organizaciós que nós elixamos e, sobre todo, a través de organizaciós libres. Debemos recordarlle tamén que o Concello ten a obriga de favorecer a representación dos veciños.