A Casa de Cultura monfortina acolle unha exposición de carteis sobre Lois Pereiro

monforte / la voz

VIGO CIUDAD

06 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Casa de Cultura de Monforte acolle a partir de hoxe e ata o próximo día 20 a exposición «Lois Pereiro e as artes da palabra», que mostra o traballado gañador dun certame de obras gráficas dedicado ao poeta monfortino e organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O traballo premiado foi realizado por la Escola de Arte Dramática de Galicia, radicada en Vigo. Consiste nunha serie formada por quince carteis que revisan a traxectoría vital e literaria de Lois Pereiro.

A exposición poderá ser visitada de luns a venres en horario de cinco da tarde a nove da noite.