Unha semana despois da chegada a Vigo de Don Paco, Valentín foi excarcerado para cumprir un novo desterro, neste caso na localidade estremeña de Villanueva de la Serena. Dous gardas civís acompañárono á estación de ferrocarril. Conta Del Riego que os gardas foron permisivos con eles e o seu acompañante, o industrial chocolateiro puido falar tranquilamente con Paz-Andrade. A chegada do delegado gobernativo cambiou as cousas, e o industrial foi detido e os gardas abroncados. Don Paco salvouse porque afastouse instintivamente.