«O poemario remite á memoria e ten moito peso a perspectiva de muller»
VIGO CIUDAD
Xosé Daniel Costas Currás presentou na Libraría Couceiro Conservas , obra coa que gañou a última edición do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, editada por Sotelo Blanco Edicións. O autor estivo apadriñado nesta premier literaria pola tamén escritora Helena Villar, en calidade de coordinadora do certame que organiza o Concello de Dodro, que xa ten en marcha a vinte e dúas edición. O autor é de Moaña e estuda Enxeñería de Minas na Universidade de Vigo, na que ven de gañar o premio de poesía que convoca a institución.
-¿A que remite o título do libro?
-Á memoria próxima, porque ten que ver coa miña nai, que traballou nunha fábrica de conservas de Moaña, do que intento rescatar a memoria contida en caixiñas pequenas de latón, incluídos os cheiros. Ten bastante peso a perspectiva de muller, porque a parte central está dedicada a miña nai e porque é unha homenaxe ás mulleres de Moaña, onde falar de muller é facelo de fábricas.
-¿A publicación da obra é o mais gratificante do premio?
-Por suposto, e neste caso máis, porque é o meu primeiro poemario individual. A única meta que importa é que a xente lea.
-¿É o seu bautizo literario?
-Si, porque na miña zona participo na vida cultural, e o premio e o libro ábrenme outros ámbitos literarios como asistir ao congreso de escritores mozos da asociación de escritores.