«A fantástica viaxe de Patri»

La Voz

VIGO CIUDAD

10 nov 2009 . Actualizado a las 00:37 h.

No Verbum de Vigo (Casa da Palabra), os máis cativos poden participar no programa Bocaberta, unha nova campaña de dinamización lingüística a través da iniciativa Contos para falar, neste caso A fantástica viaxe de Patri, que Benxamín Míguez e o músico Fernando Esclusa ofrecen aos máis novos cunha montaxe de narrativa musical, que lles inspirará o compromiso de manter viva a lingua galega.