O novo Extrugasa próbase por primeira vez, co Celta coma rival

VIGO CIUDAD

09 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Mans á obra. Con pouco máis dunha semana de traballo ás costas, as xogadoras do novo Extrugasa disputan esta noite en Vigo (20.30 horas) o primeiro partido do seu programa de preparación para a Liga Feminina 2 que arrinca o 3 de outubro. O rival, o Celta de Vigo, que tras o descenso do cadro vilagarcián quedou coma único representante galego na máxima categoría do baloncesto feminino nacional.

Descoñecedor da nova composición do plantel olívico, o adestrador do Extrugasa, Tito Díaz, dá por feito nembargante que dada a categoría superior do Celta o de hoxe será «un buen test» para as súas pupilas. «Es un paso más en nuestra preparación, para comenzar a poner en práctica lo que llevamos trabajando estos días». E é que ao contrario ca outros adestradores, Díaz aposta por mesturar a preparación física e a técnico/táctica desde o primeiro día da pretempada.

Sobre a marcha do equipo, o técnico do Extrugasa afirma que o acomplamento do plantel, completamente renovado, «va bien». E iso pese a contar con xogadoras procedentes de diversas ligas e categorías.

Tito Díaz sinala ademais que «la calidad de los entrenamientos mejorará a partir de mañana -por hoxe-, al contar ya con cuatro pívots» tras a chegada da búlgara Veselka Todorova. Coa súa aterraxe en Vilagarcía, prevista para primeira hora da tarde de hoxe, o Extrugasa verá completado o plantel co que arrincará a Liga, composto por nove xogadoras séniores.

Respecto á á-pívot estadounidense Christina Quaye, que se incorporou a semana pasada un día despois co groso do equipo, Tito Díaz amosouse enormemente satisfeito. «Es lo que esperábamos. Una jugadora muy fuerte, capaz de jugar tanto de espaldas como de cara, agresiva e intensa, con un muy buen lanzamiento de 4-5 metros. Incluso es capaz de tirar de tres». Se é tan boa, ¿por que non está na LF?. «Por sus 185 centímetros», explica Tito.