Durante o acto foi proxectado unha curtametraxe sobre Neira Vilas, feito por Xan Leira e Ismael González, onde resumen a vida do escritor da aldea de Gres. Finalmente, o escritor recibiu unha escultura dun neno, que quere ser o Balbino da obra, feita pola deseñadora catalana Henrika Vidal.
Neira Vilas e a súa muller Anisia Miranda recibiron os parabéns do preto de cen participantes na homenaxe. O grupo A Quenlla puxo a música nun acto que durou máis de dúas horas.