Unha curtametraxe prognostica a extinción do galego

M.G. Villalobos

VIGO CIUDAD

O trailer de «Galicia 2098» xa se amosa en Internet.

19 may 2008 . Actualizado a las 22:31 h.

Con motivo do último Día das Letras Galegas o pasado sábado, o director de cine vigués Edu Lavandeira decidiu pendurar no YouTube a primeira mostra da súa curtametraxe Galicia 2098.

A curta futurista de Edu Lavandeira amosa unha visión persoal sobre a situación do galego no futuro na que se pode ver como a ligua está extinguida.

A curtametraxe sitúase en Galicia, no ano 2098. Contra o que se podería supoñer, a Galicia do futuro, de noventa anos máis aló, mantense prácticamente igual ca que coñecemos actualmente. Os coches non voan, a xente non se teletransporta, nin os seres humanos están clonados. Case que ningunha das profecías que se fixeron anos atrás se cumpriron. Agás a que se refire ao galego. Deste xeito, en Galicia 2098, a xente fai cola ás portas para visitar unha exposición incríble. Ese museo alberga algo que se supoñía extinguido.

En Vigo

Desde o día 17 de Maio pódense ver esas primeiras imaxes da curtametraxe, que foi rodada ás portas e tamén no interior do Museo Marco de Vigo.

A curta está na fase de postproducción e será estreada no certame Curtas na Rede deste ano, na súa sección de cápsulas sobre lingua. Á espera desa estrea, haberá que conformarse con estas primeiras imaxes.