O teixo de Cereixido, en Quiroga, incluído no catálogo oficial de árbores senlleiras de Galicia

La Voz

VIGO CIUDAD

03 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O comité de árbores senlleiras anunciou onte a ampliación do seu catálogo coa incorporación de dúas árbores e dúas formacións arbóreas. Unha das árbores é o teixo que hai na parroquia de Cereixido, no municipio de Quiroga. O comité é un órgano consultivo da Consellería de Medio Ambiente, e neste listado hai xa 106 árbores e 21 formacións.

O teixo de Cereixido foi seleccionado xunto co rebolo de Quegua, no parque natural do Xurés, os carballos da vila ourensá de Bande e os buxos da illa de San Simón, na enseada de Vigo. Os catro formaban parte dunha lista de aspirantes formadas por un total de 345 solicitudes presentadas en distintos puntos de Galicia.

A inclusión do teixo de Cereixido no catálogo de árbores senlleiras fora solicitado polo catedrático Javier Guitián, impulsor do proxecto da estación biolóxica do Courel. Hai un ano, Guitián afirmou que a primeira versión deste listado oficial de árbores a protexer estaba moi incompleto.

A consellería ten previsto identificar mediante unha placa cada unha das árbores desta lista. Además, entregaralle aos seus propietarios un diploma que os acredita como donos dunha árbore senlleira.