García Mañá, xefe superior de Policía de Galicia, elexido correspondente da Academia Galega

La Voz LA VOZ | REDACCIÓN

VIGO CIUDAD

02 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Luis García Mañá, xefe superior de Policía de Galicia e escritor con máis de dúas décadas publicando libros, foi elexido académico correspondente da Real Academia Galega. Os correspondentes se diferencian dos numerarios en que non teñen voto. A súa función principal é recibir consultas sobre temas que atinxen á RAG. Na súa faceta ensaística, García Mañá especializouse na evolución xurídica-histórica da fronteira galegoportuguesa, con estudos como O Couto Mixto, unha república esquecida (2005). A novela é outro dos xéneros que cultivou, con títulos como O lume de Santo Antón (1997), Menino morreu (2003) ou As plumas do moucho (1999), unha historia sobre os nazis que fuxiron despois da Segunda Guerra Mundial a través de Vigo.