A conselleira de Cultura visitou a Casa Galega da Cultura onde saudou a Fernández del Riego

La Voz LA VOZ | VIGO

VIGO CIUDAD

04 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? conselleira de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, visitou onte, por vez primeira de manera oficial, a Casa Galega da Cultura. Ánxela Bugallo mantivo un pequeno encontro co director da casa, o patriarca das letras galegas, Francisco Fernández del Riego, e co presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz. Aínda que tamén estaba previsto que acudirá ao encontro o cofundador da Editorial Galaxia, Xaime Isla Couto, finalmente non poido estar presente. Ánxela Bugallo, que aproveitou a súa estadía en Vigo para inaugurar unha exposición sobre o mar na Casa das Artes, visitou as instalacións da Casa Galega da Cultura, aínda que non poido ser acompañada por don Paco. No interior da Casa Galega da Cultura, que está ubicada na praza da Princesa, atópanse as bibliotecas da Fundación Penzol e do mesmo Fernández del Riego. Este motivo fai do centro o lugar imprescindible para estudar a vida galega do século XX. Del Riego botou man do seu grande sentido do humor para contestarlle á conselleira cando lle preguntou esta polo seu estado de salud.