O noxo que provoca a violencia contra a muller reúne a cerca dun millar de persoas
VIGO CIUDAD
A concentración na rúa do Príncipe foi a máis numerosa da istoria desde que comezaron as protestas Políticos do goberno local se sumaron ó acto de repulsa contra os malos tratos
25 nov 2003 . Actualizado a las 06:00 h.O Día Internacional contra a Violencia de Xénero tivo en Vigo un remate público de enérxica protesta na que tomaron parte cerca dun milleiro de persoas que se achegaron ate a rúa do Príncipe, fronte o Museo de Arte Contemporánea, amparadas baixo o lema Combate a violencia combatindo a desigualdade . Ás mulleres da rede veciñal contra os malos tratos que unha vez ó mes reúnense no mesmo lugar para expresar a súa repulsa, uníronse onte numerosos cidadáns (de xénero femenino, na súa maioría), que quixeron deixar patente o súa actitude de noxo contra a violencia. Oito mortes No acto no que se xuntaron xentes de diversas ideoloxías políticas lembrouse o asasinato de oito mulleres en Galicia e máis de oitenta en todo o país escribindo os nomes das falecidas nun panel. Na concentración reivindicouse tamén unha lei integral contra a violencia de xénero que «somos certas, aliméntase da desigualdade, da marxinación e a opresión que sofremos», sinalaron representantes da Marcha Mundial.