A voz de Madredeus canta en Tui

La Voz

TUI

Cedida

A vila da Raia celebra os 881 anos do Pacto de Tui que estableceu a fronteira entre España e Portugal en 1137

07 jul 2018 . Actualizado a las 05:35 h.

Hoxe e mañá • 22.30 horas Rúa Compostela • O 4 de xullo de 1137 tivo lugar a sinatura do Pacto de Tui, un tratado de amizade entre o rei leonés Alfonso VI e o infante portugués Afonso Henriques no que se estableceu con claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e Portugal, formando a fronteira máis antiga de Europa. Este foi o primeiro paso para o recoñecemento de Alfonso Henriques coma rei de Portugal. Para conmemorar esta data o Concello de Tui organiza dous concertos que terán lugar na rúa Compostela. Tralo concerto de sondeSeu onte, hoxe, sábado, ás 22.30h, será a quenda de Teresa Salgueiro, ex cantante do grupo Madredeus con O horizonte, un segundo álbum en solitario, co que a artista celebra os seus 30 anos no mundo da música.

 A entrada ao concerto será solidaria cos afectados de Paramos de xeito que nas entradas polas rúas Mondoñedo e Betanzos haberá urnas onde depositar as doazón que cada espectador desexe. Ademais haberá unha exposición de azulexos do instituto Camoes de Vigo e bibliografía portuguesa na biblioteca municipal.