Pacto sonoro con SondeSeu e Teresa Salgueiro

A vila da Raia celebra os 881 anos do Pacto de Tui que estableceu a fronteira entre España e Portugal en 1137


Hoxe e mañá • 22.30 horas Rúa Compostela • O 4 de xullo de 1137 tivo lugar a sinatura do Pacto de Tui, un tratado de amizade entre o rei leonés Alfonso VI e o infante portugués Afonso Henriques no que se estableceu con claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e Portugal, formando a fronteira máis antiga de Europa. Este foi o primeiro paso para o recoñecemento de Alfonso Henriques coma rei de Portugal. Para conmemorar esta data o Concello de Tui organiza dous concertos que terán lugar na rúa Compostela. Hoxe, venres, ás 22.30h actuará a orquestra de folk SondeSeu presentando o seu quinto traballo Beiralúa. Ademais dos compositores e arranxistas habituais (Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Rodrigo Romaní ou Xosé Liz) en Beiralúa hai obras creadas para a Orquestra por nomes como Xosé Lois Romero, Pedro Lamas ou Quico Comesaña, xunto coa presenza de convidados como Susana Seivane, Orfeón Treixadura ou Rosa Cedrón. Dun xeito especial, Beiralúa recolle unha obra particularmente creada por Anxo Pintos para a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, titulada San Martiño. Mañá, sábado 7, ás 22.30h, será a quenda de Teresa Salgueiro, ex cantante do grupo Madredeus con O horizonte, un segundo álbum en solitario, co que a artista celebra os seus 30 anos no mundo da música. A entrada aos concertos será solidaria cos afectados de Paramos de xeito que nas entradas polas rúas Mondoñedo e Betanzos haberá urnas onde depositar as doazón que cada espectador desexe. Ademais haberá unha exposición de azulexos do instituto Camoes de Vigo e bibliografía portuguesa na biblioteca municipal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Pacto sonoro con SondeSeu e Teresa Salgueiro