Os foros comezaron a desaparecer hai 84 anos en Sobredo

Reportaxe | Os mártires do agrarismo Onte celebrouse a conmemoración da morte de tres labregos galegos nunha manifestación que tivo lugar en 1922


vigo

O 29 de novembro de 1931, o escultor Camilo Nogueira puña a primeira pedra do que ía ser o monumento aos martires de Sobredo. Aquel día, unha multitude composta por todos os grupos agrarios da provincia de Pontevedra non querían esquecer que a morte de tres persoas abriu o camiño para a redención dos foros.Todo ocurrira no ano 1922. Dende a Idade Media, os campesiños galegos traballaban as terras de outros mediante uns contratos de moi longa duración que tiñan que pagar coa propia produción. Era os foros. Se ben, durante moito tempo este tipo de contrato deu certa independenza aos campesiños, os novos tempos fixeron que estiveran máis atados que nunca. Dende comezos de século XX, o movemento agrarista galego ten un obxectivo principal a eliminación desta áncora que xa impedía a moderniación do agro e a liberación das influencias caciquís por parte dos campesiños. No ano 1922, ten lugar en Tui un congreso de sociedades agrarias no que se decidiu non pagar os foros. Pouco tempo despois é detida toda a directiva da sociedade de Ribadelouro, polo que comeza unha folga xeral en todo o sur de Galicia.27 de novembroNeste ambiente de tensión se chega ao 27 de novembro de 1922, no que o xuíz e a Garda Civil preséntanse en Sobredo para lle embargar os bens a un dos veciños que non paga os foros. Unhas dúas mil persoas acuden en solidaridade co embargado e a Garda Civil disolve a manifestación a tiros. Cándida Rodríguez, Joaquín Estévez e Venancio González morren e outras sete persoas resultaron feridas.Os feitos tiveron moita sona e chegaron ao parlamento, abrindo o debate do conflicto agrario e a redención dos foros. A definitiva lei que lles permitiu ás persoas labregas seren donas das súas terras, mediante pago dunha indemninación, chegou no ano 1926. Onte como xa é costume, volveuse a repetir o acto conmemorativo, que xa suma 84 outonos. Dende primeiras horas da maña, foron xuntándose os asistentes, para logo intervir Xosé María Baamonde, presidente do Instituto Galego de Estudos Veciñais, e Edelmiro López, director xeral de Desenvolvemento Rural. Máis tarde, houbo unha homenaxe á Irmandade Moncho Valcarce, para concluir o acto cunha ofrenda floral a aqueles que fuxeron posible un cambio importante na distribución da propiedade agraria en Galicia.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Vigo

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Os foros comezaron a desaparecer hai 84 anos en Sobredo