Carracedo, Gurriarán e Castro recibiron os XXI premios Peña Novo

soutomaior / la voz

SOUTOMAIOR

Os galardoados foron distinguidos polo seu uso do galego no traballo cotián

25 jun 2015 . Actualizado a las 20:39 h.

O doutor Ángel Carracedo, a avogada do Estado Consuelo Castro Rey e o historiador e escritor Ricardo Gurriarán recibiron hoxe no castelo de Soutomaior os premios Lois Peña Novo na sua XXI edición. Os galardoados foron distinguidos polo uso do galego no seu traballo cotián.

O xurado estivo composto de Jorge Mira, catedrático da Universidade de Santiago, o profesor de Pontevedra Antón Fernández, a avogada Elva Campo a tamén letrada Olga Fagilde o lingüista Antón Dobao e a secretaria da Fundación Peña Novo, Carme Pérez Vaquero.

O acto estivo presidido polo conselleiro de Cultura Román Rodríguez. A el acudiron numerosos persoeiros como o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o subdelegado do Goberno, Antonio Coello o académico Henrique Monteagudo a vicerreitora Isabel Rodríguez Moldes, a deputada en funcions Ana Isabel Vázquez e o presidente da Fundación Lois Peña Novo, Xosé González. O acto estivo amenizado por la fadista María do Ceo.