A lenda da Coca vai máis alá do dragón

REDONDELA

O historiador José Martínez Crespo defende que a lenda do monstruo que atemorizaba Redondela é un conto creado polo cronista da vila, Amadeo González, despois da Guerra Civil

20 jun 2019 . Actualizado a las 11:55 h.

Hai unha lenda que conta que a Coca era un dragón que cada ano remontaba a Ría para raptar nenas. Un día, os veciños de Redondela enfrontaron e deron morte a esa Coca maligna e o celebraron bailando; os homes coa danza das espadas e as mulleres coa das penlas. Segundo o profesor de historia José Martínez, Crespo esta lenda é un conto inventado polo cronista da vila, Amadeo González, despois da Guerra Civil. Di que o cronista valeuse da tradición para simplificar a Festa da Coca cun estilo de novela de cabalería. «Amadeo era un home simpático que facía contos para promocionar a festa», explica Martínez.

Co paso dos anos, a historia de Amadeo empezou a funcionar como lenda e cada vez son máis os que pensan que a historia da festa radica neste conto, pero a realidade histórica é algo distinta, segundo o estudo do historiador redondelán.

Os primeiros documentos que se atopan sobre as Festas da Coca son do século XVI e falan da figura da Coca como un elemento máis das festas do Corpus. Naqueles tempos, como en calquera festividade relixiosa, os gremios tiñan que aportar algo á celebración. Algúns facían danzas, outros construían figuras que participaban nas procesións. Aquí aparece a Coca como unha representación do mal fronte ao ben. Tamén durante este século e o seguinte aparecen a danza das penlas e das espadas, xunto a outras que xa desapareceron, como a dos ferreiros e dos xastres.

Coa chegada do liberalismo e a desaparación dos gremios no século XVIII e XIX toda esta iconografía en torno a coca está cerca de desaparecer, pois xa non hai profesións obrigadas a facela e a Igrexa non apoia figuras que non comulgan coa relixión católica. Foi nese momento cando o Concello apoiou con determinación e cartos a tradición dunhas festas únicas en Galicia, mantendo a Coca e todo o que lle rodea dentro da celebración do Corpus.

Despois da Guerra Civil, a Coca alcanzou un novo paso na súa evolución e comezou a súa sacralización. Explica José Martínez, que coa lenda de Amadeo González, toda a historia da Coca deixa de depender da festividade do Corpus e polo tanto da relixión católica.