«O alcalde facilitou o proceso moitísimo e eu só teño que agradecer a súa grande xenerosidade»

María Jesús Fuente Decimavilla
maría j. fuente PONTEAREAS / LA VOZ

PONTEAREAS

CEDIDA

Cristina Fernández Davila será elexida hoxe alcaldesa de Ponteareas

22 may 2021 . Actualizado a las 01:51 h.

Unha enfermidade do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, que onte cumpriu 65 anos, levará a Cristina Fernández Davila a facerse cargo hoxe do bastón de mando da vila, con 54 anos recén cumpridos. En realidade, a concelleira de Ensino xa exercía as tarefas dende o mes de decembro, polo que a próxima misión non lle será allea, nin unha sorpresa, senón unha continuidade.

A nova alcaldesa será a segunda da localidade dende a democracia, tras Nava Castro. Forma parte do goberno municipal polo BNG dende o 2015. Entre ese ano e o 2012 xa formaba parte da corporación municipal, aínda que na oposición.

-Supoño que estes derradeiros meses como alcaldesa en funcións farán máis fáciles a súa nova etapa.

-Si. Levo dende o 9 de decembro e nestes últimos dous anos fixen labores de apoio e de reforzo á alcaldía. Xa estaba acostumada, cando operaron ó alcalde por segunda vez me fixen cargo das súas áreas, da dirección do Concello, aínda que el estivo sempre por detrás ata hai un mes e incluso menos. Agora só é asumir o relevo.

-Deixará a partires de mañá algunha das áreas que levaba ata agora?

-Seguirei con Ensino e Saúde e collerei Urbanismo e Medio Urbano. Deixarei Eventos e Consumo. O resto, restruturaranse. Farase por un decreto a próxima semana.

-A diferenza doutros concellos como Cangas, onde a transición foi algo máis complicada, chama a atención neste caso o relevo tranquilo.

-Xa demos exemplo no 2015, cando sorprendeu que cinco concelleiros formaramos goberno. Dende o primeiro día os grupos de esquerdas nos confirmaron o seu apoio. Houbo boa sintonía persoal, salvo resolver cousas e chegar a acordos en tono cordial e de entendemento total.

-Imaxino que lle houbera gustado chegar á alcaldía doutra forma.

-As circunstancias non poden ser peores, por unha enfermidade. Pero teño que recoñecer que o alcalde facilitou o proceso moitisimo e eu só teño que agradecer a súa grande xenerosidade, estando enfermo, sempre que puido saía de casa para reunirse con nós.

-Semella que foi máis doado este traspaso que o de o 2015?

-El mesmo traspasoume as competencias, algo que non tivemos no 2015. Tiven a sorte de contar co traspaso de poderes. A xenerosidade del no pode ser maior.

-Dará continuidade ós séus proxectos

-O testigo que recollo é un legado de unha envergadura moi grande, deixa moito realizado, outras cousas por vir e grandes ideas. Só me queda recoller o testigo e non sacarei ningunga idea orixinal. Será a contimodade do proxecto de cidade. Foi un pioneiro, tiña moi claro a Ponteareas que quería e soubo trasladárnolo. Foi moi feminista, pese a ser un home, e soubo transmitir as inquedanzas e o que quería plasmar. Tomarei o troco e as indicacións que deixou e as asumimos como propias. Seguiremos traballando nesa liña.