Visitas diurnas e nocturnas aos petroglifos de Oia

La Voz

OIA

CEDIDA

O obxectivo é revalorizar e dar a coñecer o patrimonio cultural, natural e paisaxístico do municipio

21 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A tradicional programación de visitas guiadas polo patrimonio de Oia organizada pola Asociación Costa dos Castros arrancará hoxe na Cabeciña, cun pase nocturno para coñecer, á luz das lanternas, os petróglifos que existen neste enclave arqueolóxico. Ademais, este verán haberá visitas ao barrio do Arrabal e, como novidade, á zona de Chavella-A Valga. Entre o 20 e o 30 de xullo, os sábados pola noite haberá visita aos petróglifos da Cabeciña (22.30 horas con inscrición), os martes haberá visita guiada ao Arrabal (saída da Oficina de Turismo ás 19.30 horas, sen inscrición) e os xoves haberá unha pequena ruta polo enclave arqueolóxico e miradoiro de Chavella e a zona do curro da Valga (19.30 horas, require inscrición). Durante agosto esta programación manterase e engadirase unha nova opción para os venres con visita diúrna ao castro e petróglifos da Cabeciña (19.30 horas). Inscricións no 689 375 713 ou no correo electrónico: costadoscastros@gmail.com